FSC-CCOO Galicia | 4 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Firmado o Plan Interadministrativo de Formación Continua 2024 da FEGAMP.

      O día 24 de abril de 2024  reuniuse a Mesa Nacional Galega de Formación da Federación Galega de Municipios e Provincias para elaborar a proposta formativa de cara a este ano 2024

      24/04/2024.
      Firmado o Plan de formación da FEGAMP

      Firmado o Plan de formación da FEGAMP

      Desde CCOO celebramos que aceptasen accións formativas propostas dirixidas especialmente ao persoal laboral. É unha reivindicación histórica de CCOO a petición reiterada de inclusión nos plans de formación das local, accións dirixidas ao persoal de oficios ou especializado

      Foron integradas especifícamente no plan cos seguintes títulos:

         2. XESTIÓN DO CADRO DE PERSOAL, POSTOS DE TRABALLO E RETRIBUCIÓNS NAS ENTIDADES LOCAIS    11. LIMPEZA, XESTIÓN DE RESIDUOS E MEDIO AMBIENTE  

        13. LIMPEZA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS PÚBLICOS  18. COIDADOS XERONTOLÓXICOS E COIDADOS BÁSICOS DE PACIENTES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA  

        31. SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL E BOAS PRÁCTICAS AMBIENTAIS  

      A información resumida é a seguinte:

      O periodo de incrición é do 24 ao 30 de abril de 2024

      As fichas recibidas despois do período de inscrición, rematado o 30 de abril, serán consideradas FÓRA DE PRAZO.

      No caso de haber prazas vacantes nalgún curso, abriremos a inscrición ata que se complete.

      INSCRICIÓN:: É obrigatorio certificar a vinculación como persoal da administración local, coa cabeceira da última nómina ou calquera outro certificado que o acredite. Sen calquera deles non se poderá rexistrar a solicitude.

      NÚMERO DE CURSOS: poden solicitarse un máximo de 3 cursos.  O/A solicitante pode ser admitido/a en 1, 2, 3 ou en ningún curso segundo sexa o caso. Só pode enviar unha ficha de inscrición.

      SELECCIÓN DE ADMITIDOS: Cando se faga a selección dos alumnos enviaremos un correo electrónico aos admitidos/as polo que solicitamos que o revisen e tamén o spam, posto que hai un prazo para renunciar ou aceptar o curso e, no caso de non contestar, serían penalizados.

      CERTIFICADOS DE ASISTENCIA E APROVEITAMENTO: enviaranse por correo electrónico, unha vez recibidas as actas de avaliación do total de participantes. O envío dos mesmos comezará a partir do mes de setembro.

      ACCESO Á INFO: Clicando na seguinte ligazón pódese acceder a área de formación continua na que se atopan as bases da convocatoria, as accións formativas cos programas e datas de celebración, a ficha de inscrición e outra información de interese: