FSC-CCOO Galicia | 28 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    Convenio Colectivo da empresa Viguesa de Transportes S.L. (Vitrasa)

      A plantilla de Vitrasa xa contan cun convenio colectivo ata o próximo 2027 tras superar os últimos trámites administrativos nas últimas semanas e coa publicación, este xoves, do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

      10/04/2025.
      Vitrasa_Vigo

      Vitrasa_Vigo

      O convenio entrou xa en vigor e terá duración de 7 anos, desde o día 1 de xaneiro de 2021, ata o día 31 de decembro de 2027. Así, está vixente con efectos retroactivos dado que inclúe melloras para o período que abarca ao termo de 2020, cando caducou o anterior, ata 2027. Ademais, de non mediar denuncia por calquera das partes, poderá prorrogarse de ano en ano a partir do 1 de xaneiro de 2028.

      A pesar de estar xa vixente, houbo que esperar ata o de agora para a súa publicación porque tras a firma do acordo, o pasado 9 de xaneiro, quedaba pendente o visto e prace por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través do Departamento Territorial de Pontevedra con sede en Vigo, onde foi presentado o pasado 22 de xaneiro.

      Este organismo confirmou a validez do documento, ao considerar que non se aprecia no mesmo «ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas tampouco prexudican a terceiros». Por todo iso, hai dúas semanas volveron reunirse os representantes da empresa e do comité de persoal –CC.OO., UXT e USO– para a rúbrica final, que resolve as negociacións, que tiveron como intermediaria á AGA.

      Documentación asociada
      Documentación asociada