FSC-CCOO Galicia | 28 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    1º MAIO: Protexer o conquistado, gañar futuro.

      Fronte á precariedade, a desigualdade, o autoritarismo e a guerra, o sindicalismo de clase expón propostas, compromiso e movilización.

      25/04/2025.
      1º MAIO: Protexer o conquistado, gañar futuro.

      1º MAIO: Protexer o conquistado, gañar futuro.

      As organizacións sindicais CCOO e UGT, firmemente comprometidas cun sindicalismo internacionalista, solidario e transformador, reafirmamos neste 1.º de Maio o noso compromiso coa cooperación intersindical e a defensa dos dereitos laborais e sociais en todo o mundo. Nun contexto global de profun- das transformacións, reivindicamos o sindicalismo como ferramenta esencial para construír sociedades máis xustas e democráticas.

      Este Primeiro de Maio, UGT e CCOO facemos un chamamento á mobilización en defensa dos dereitos sociais e laborais e mais de apoio ao proxecto euro- peo como piar de democracia social, convivencia e progreso. Agora máis ca nunca, é necesario protexer o conquistado e mobilizarnos para gañar o futuro:

       

       #1 Pola redución de xornada, para gañar tempo de vida

       #2 Polos salarios, para gañar estabilidade

       #3 Polo feminismo, para gañar igualdade

       #4 Pola igualdade, para gañar liberdade

       #5 Pola negociación colectiva, para gañar dereitos laborais

       #6 Pola saúde laboral, para gañar calidade de vida

       #7 Polo sindicalismo, para gañar democracia

      #8 Pola democracia, para poder respirar

       #9 Polas pensións, os coidados, a educación e a sanidade públicas, para gañar benestar

       #10 Pola industria e o campo, para gañar economía produtiva

       #11 Pola vivenda, para gañar autonomía

       #12 Pola cultura, para gañar pensamento crítico

       #13 Polos dereitos humanos, para gañar solidariedade

       #14 Pola solidariedade, para gañar seguridade

       #15 Por unha Europa social contra a barbarie externa e interna