FSC-CCOO Galicia | 5 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    17 de Maio, Día Internacional contra a homofobia, lesbofobia e transfobia.

    Agora máis que nunca, fronte á LGTBI+fobia somos barreira.

    • Este 17 de Mayo, Día Internacional contra a homofobia, lesbofobia e transfobia, CCOO reforza o seu compromiso coas persoas LGTBI+ fronte ás discriminacións e os discursos de odio.

    14/05/2025.
    Ahora más que nunca, frente a la LGTBI+Fobia somos barrera #OrganizaTuOrgullo

    Ahora más que nunca, frente a la LGTBI+Fobia somos barrera #OrganizaTuOrgullo

    Son tempos de compromiso, de loita colectiva, de aposta polo futuro, de sindicalismo.

    Tempos de respostas para as clases traballadoras en toda a súa diversidade. 

    Tempos para apostar polo respecto e a igualdade efectiva de todas as persoas. Por iso: 

    Agora máis que nunca, CCOO, neste 17M expresamos o noso compromiso diario na acción sindical e como sindicato sociopolítico contra a homofobia, a lesbofobia, a transfobia, a plumofobia e, en xeral, todas as expresións de rexeitamento á diversidade. 

    Ante o auxe dos discursos da ultradereita e a súa incidencia en todos os ámbitos da vida pública, tamén os laborais, alzamos a voz en defensa dos dereitos de todas as persoas e seguimos reclamando un Pacto Estatal contra os Discursos de Odio. Levamos meses traballando con outras entidades para a súa consecución. 

    Agora máis que nunca, denunciamos que moitas persoas seguen armarizadas nos seus postos de traballos por temor a que expresarse tal e como son póidalles prexudicar ou mesmo xerar situacións de acoso LGTBI+fóbico.

     

    Reivindicamos a negociación de protocolos fronte a este tipo de acoso en todas as empresas. 

    Agora máis que nunca, imos impulsar a negociación das medidas planificadas para a igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI+ nos convenios colectivos, medidas que son obrigatorias para as empresas de máis de 50 persoas traballadoras. Sabemos que a negociación colectiva é a mellor ferramenta para garantir o acceso igualitario aos postos de de traballo, á promoción, aos permisos e beneficios sociais. E sabemos que é esencial incluír medidas no réxime sancionador fronte ás actitudes e accións discrminatorias. 

    Agora máis que nunca, estamos a promover formacións e elaborando instrumentos para que os nosos delegados e delegadas sexan dique de contención fronte á LGTBI+fobia en todos os centros de traballo.

    Agora máis que nunca, fronte á LGTBI+fobia somos barreira #OrganizaTuOrgullo.

    *Para a elaboración da imaxe desta campaña contamos coa colaboración da ilustradora e deseñadora Nazareth Dos Santos, coñecida polos seus traballos en relación ao colectivo LGTBI+