FSC-CCOO Galicia | 16 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    Probas de avaliación da EGAP correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma

      A EGAP publica no DOG de hoxe, 2 de xuño de 2025, as Probas de avaliación da  EGAP  correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

      02/06/2025.
      Probas de avaliación da EGAP correspondentes ao programa de autoformación.

      Probas de avaliación da EGAP correspondentes ao programa de autoformación.

      Estas probas teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia.

      Publicación DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250602/AnuncioO150-230525-0001_gl.html

      Estas probas teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia. 

      Prazo de matrícula: 

      Desde as 9 horas do 3 de xuño de 2025 Ata as 14 horas do 12 de xuño de 2025 

      Podes matricularte aquí: https://egap.xunta.gal/matricula/

      O número máximo de probas de avaliación que se poden solicitar son 4 

      Inscrición:

      O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 13 de xuño ata o 30 de decembro de 2025. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.