FSC-CCOO Galicia | 30 Xuño 2025.

  • Menú Documentos

    28X - Agora máis ca nunca: ao traballo sen armarios!

      TODAS as empresas con máis de 50 persoas traballadoras no seu cadro de persoal teñen a obriga denegociar, acordar e aplicar estas medidas, así como os protocolos fronte ao acoso LGTBIQA+fóbico.

      11/06/2025.
      Agora máis que nunca, ao traballo sen armarios

      Agora máis que nunca, ao traballo sen armarios

      Este 2025 cúmprense 20 anos da entrada en vigor do matrimonio igualitario👬👭 en España. Coa súa aprobación culminaban anos de loita e activismo. As 18 palabras, introducidas no artigo 44 do Código Civil foron: “O matrimonio terá os mesmos requisitos e efectos cando ambos os contraentes sexan do mesmo ou de diferente sexo”.

      España foi pioneira entón e seguiremos séndoo.💪💪

      Agora máis que nunca o dereitos LGTBI+ 🌈🌈álzanse como fronteira de democracia #ante a onda reaccionaria que percorre o mundo e que xa alcanza á UE. O pasado 18 de marzo de 2025 Hungría converteuse no primeiro país do mundo democrático en prohibir as marchas do Orgullo, mentres outros países no corazón de Europa, como Polonia ou Bulgaria, continúan coas súas políticas discriminatorias. Non podemos permanecer impasibles.

      ✖️✖️Tamén no noso país os Concellos gobernados por PP e Vox vetan as bandeiras #arco# da vella, poñen trabas a unha educación afectiva e sexual inclusiva e dan pábulo aos discursos de odio.✖️✖️

      🌈🌈 Defender a diversidade, a liberdade e o exercicio de dereitos en igualdade de condicións por todas as persoas, con independencia da súa identidade, orientación sexual e expresión de xénero, é fundamental para o noso modelo social e de convivencia. E é fundamental para o sindicalismo de clase de CCOO. Porque sempre son as traballadoras e os traballadores, a clase traballadora ampla e diversa que fixo progresar a este país, a que máis padece os retrocesos.

      Nin o permitimos, nin o imos a permitir.

      🔝Pola diversidade, pola igualdade, pola xustiza, polos dereitos, chamamos á participación nas manifestacións do Orgullo e este 2025 gritamos:

      AGORA MÁIS QUE NUNCA: Ao TRABALLO SEN ARMARIOS!

      #OrganizaTuOrgullo 🌈🌈

      Documentación asociada
      Documentación asociada