FSC-CCOO Galicia | 16 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    Reunión da representación de CCOO nas plantas de ENCE en Navia e Pontevedra.

      Esta reunión enmárcase dentro do cambio de dinámicas de traballo.

      26/06/2025.
      Reunión de la representación de CCOO_papel, graficas y fotografía

      Reunión de la representación de CCOO_papel, graficas y fotografía

      O pasado luns 23, reuníronse na planta de ENCE de Navia unha representación de CCOO dos centros de produción de celulosa de Pontevedra e Navia, así como das Oficinas Centrais de Galicia. Igualmente, asistiron os responsables de Acción Sindical da FSC de Asturias e Galicia e o responsable do sector estatal de Papel, Gráficas e Fotografía.

       

      Esta reunión enmárcase dentro do cambio de dinámicas de traballo que se quere implantar por CCOO en ENCE, e onde se pretende instaurar un modelo organizado de traballo e colaboración en distintos elementos comúns.

       

      Este encontro foi o pistoletazo de saída para comezar a transmisión de coñecementos e información entre representantes de CCOO en ambos os centros de traballo e onde se acordou que a próxima cita teña lugar a mediados de setembro na factoría de Pontevedra.