FSC-CCOO Galicia | 30 Xuño 2025.

  • Menú Documentos

    20 anos da aprobación do matrimonio igualitario en España.

      Un logro froito da loita colectiva, da visibilidade e do activismo incansable.

      27/06/2025.
      28 XUÑO

      28 XUÑO

      Cúmprense 20 anos dunha das maiores conquistas para o colectivo LGTBIQ+ en España: a aprobación do matrimonio igualitario. Isto sitúo ao noso país á vangarda mundial ao aprobar o matrimonio igualitario.

      Este Orgullo é quizais mais importante que ningún outro xa que estamos a vivir unha alarmante regresión de dereitos que ameaza ao colectivo, tanto a nivel nacional como internacional. É un momento crítico que esixe un compromiso institucional firme e sostido para protexer os dereitos de todas as persoas LGTBI+ fronte a calquera intento de retroceso.

      O dereitos LGTBI+ non son privilexios nin concesións temporais, senón dereitos humanos fundamentais que deben ser protexidos, ampliados e defendidos sen ambigüidades.

      Lembremos o sexilio, realidade que afecta a moitas persoas LGTBI que vense obrigadas a abandonar os seus lugares de orixe debida á discriminación ou persecución pola súa orientación sexual, expresión ou identidade de xénero. 

      As persoas maiores LGTBI foron pioneiras, testemuñas e protagonistas de cambios profundos, pero nas pequenas cidades e contornas rurais seguen enfrontando discriminación, soidade e falta de recoñecemento.

      Sigamos loitando, sigamos alzando a voz para conseguir unha sociedade realmente libre, igual e diversa.

      Non aos retrocesos en dereitos!