FSC-CCOO Galicia | 15 Setembro 2025.

  • Menú Documentos

    CCOO apoiamos á Flotilla Global Sumud con destino a Gaza

      Desde CCOO continuaremos reivindicando a liberdade para Palestina, o fin do xenocidio deste pobo e seguiremos denunciando ao estado de Israel na súa vulneración reiterada dos dereitos humanos.

      05/09/2025.
      Estes barcos non só transportan axuda; levan unha mensaxe: o asedio debe terminar

      Estes barcos non só transportan axuda; levan unha mensaxe: o asedio debe terminar

      A Flotilla Global Sumud é unha frota coordinada e non violenta de máis de 40 países , composta principalmente por pequenas embarcacións, que parte desde portos do Mediterráneo para romper o asedio ilegal da ocupación israelí a Gaza. Reúne a unha coalición diversa de participantes internacionais, incluíndo a quen participou en iniciativas previas por terra e mar, como a Flotilla Sumud do Magreb, a Coalición da Flotilla da Liberdade* e o Movemento Global a Gaza. Cada embarcación representa a unha comunidade e a negativa para permanecer en silencio #ante o xenocidio.

      A ocupación israelí impón un asedio total, por terra, mar e aire, illando deliberadamente a Gaza do mundo exterior. Os roteiros terrestres están totalmente bloqueadas ou suxeitas a un estrito control por parte das Forzas de Ocupación Israelís e a Fundación Humanitaria de Gaza (GHF, polas súas siglas en inglés), apoiada por Estados Unidos. A axuda a miúdo atrásase, restrínxese ou se converte en trampas mortais. Por mar, evitamos estes sistemas e enfrontámonos ao bloqueo de fronte. Estes barcos non só transportan axuda; levan unha mensaxe: o asedio debe terminar.

      Esta acción é legal segundo o dereito internacional. O bloqueo de Gaza por parte da ocupación israelí constitúe un castigo colectivo, unha violación dos Convenios de Xenebra. As embarcacións civís que transportan axuda humanitaria ou participan en protestas pacíficas en augas internacionais están protexidas polo dereito marítimo.

      CCOO, na súa histórica loita polo recoñecemento do estado de Palestina e do fin da ocupación de Israel e de mobilización colectiva ante a barbarie que está a padecer o pobo palestino desde hai case dous anos, súmase a esta acción masiva e pacífica para denunciar a brutalidade do xenocidio e a fame negra provocadas en Gaza polo Estado de Israel e pola ocupación que sofre o pobo palestino desde hai décadas. 

      Pero tamén para que se logre romper o bloqueo, entregar a maior cantidade posible de axuda humanitaria en Gaza e abrir un corredor humanitario que permita finalmente a países, organizacións e institucións internacionais non cómplices deste xenocidio proporcionar a axuda que o pobo palestino necesita con máxima urxencia.

      Trátase da flotilla máis grande organizada ata o de agora, segundo anuncian os organizadores da mesma, con máis de 28.000 rexistrados, 50 barcos e 44 países representados unidos para loitar contra o xenocidio en Gaza e a limpeza étnica histórica que padece o pobo palestino a mans de Israel.

      Desde CCOO continuaremos reivindicando a liberdade para Palestina, o fin do xenocidio deste pobo e seguiremos denunciando ao estado de Israel na súa vulneración reiterada dos dereitos humanos.