FSC-CCOO Galicia | 27 Novembro 2025.

  • Menú Documentos

    NOTA DE PRENSA COMITÉ DE EMPRESA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

      CCOO manifestamos o noso apoio ao persoal da Policía Portuaria

      20/11/2025.
      Autoridad Portuaria

      Autoridad Portuaria

      Desde o Comité de Empresa da Autoridade Portuaria de Vigo do que forma parte CCOO entre outros, queremos manifestar o noso apoio ao persoal da Policía Portuaria que, no exercicio das súas funcións, viuse involucrado nun incidente ocorrido o pasado domingo con motivo da retirada dunha pancarta instalada pola CXT.

      Este Comité móstrase totalmente contrario ás manifestacións publicadas nos distintos medios de comunicación por parte do citado sindicato. Estas declaracións distan moito do acontecido realmente. En ningún momento a súa intervención tivo outro obxectivo que o de garantir o normal funcionamento das instalacións portuarias.

      Os policías portuarios actuaron con profesionalidade, nun contexto especialmente delicado e de tensión evidente e en ningún caso houbo agresión de ningún tipo cara a ningún dos implicados, sendo, pola contra, agredido un Policía Portuario.

      En canto á represión da actividade sindical á que se fai mención, é importante aclarar que en ningún caso os supostos sindicalistas estaban a realizar unha protesta ou unha acción sindical, pois hai que aclarar que devanditos individuos accederon encapuchados ao interior das instalacións portuarias, instalando de maneira ilegal pancartas e adhesivos en interior e exterior do recinto e, no momento da retirada da pancarta por parte da Policía Portuaria, atopábanse nun bar das inmediacións. Estes individuos ao ver que a pancarta estaba a ser retirada achegáronse encapuchados a increpar aos axentes da Policía Portuaria, negándose a ser identificados e, dándose un deles á fuga cando a Policía Portuaria solicitou o apoio das FF.CC.SS.EE. É neste momento cando na súa fuxida o individuo sofre un tropezo caendo ao chan para despois lanzarlle varias patadas ao axente que o perseguía, momento no cal se procede á súa retención ata a chegada dasFF.CC.SS.EE.

      Como Comité de Empresa e representantes sindicais estamos a favor de toda acción sindical, sempre que sexa coherente, regrada e transparente, non entendendo o ter que esconderse ou negarse á identificación ante unha reivindicación de dereitos laborais.