FSC-CCOO Galicia | 1 Febreiro 2026.

  • Menú Documentos

    Folga do transporte de viaxeiros da Coruña

      Ante o inmobilismo patronal, que se levantou da mesa de mediacion, as persoas traballadoras convocaron folga en varias datas do mes de xaneiro

      12/01/2026.
      Folga transporte de viaxeiros Coruña_ 120126

      Folga transporte de viaxeiros Coruña_ 120126

      Hoxe. 12 de xaneiro, as persoas traballadoras do transporte de viaxeiros por carretera convocaron folga e concentraronse en varias localidades da provincia da Coruña.

      A folga foi secundada polo cen por cen da plantilla sin producirse ningun tipo de incidente e saindo todos os buses de transporte escolar, residencias e centros de dia.

      A parte social esta a espera de que a patronal se sente a negociar xa que foron eles quenes se levantaron da mesa de mediación.

      As persoas traballadoras do sector de transporte de viaxeiros esixen que se aborden as seguintes necesidades cruciais:

      • Unha suba salarial digna.

      • A redución de xornada e a ordenación do tempo de traballo, medidas necesarias para humanizar osector.

      • A actualización e modernización dos permisos retribuídos e días de asuntos propios, que agora están por baixo do que marca o estatuto das persoas traballadoras.

      • O recoñecemento do transporte discrecional como unha actividade que tamén é un servizo público de primeiro nivel e cuxa responsabilidade non debe recaer unicamente sobre o persoal condutor.

      • O recoñecemento da xubilación parcial, para que as persoas traballadoras poidan anticipala.

      • A ordenación da xornada para o persoal acompañante.

      Hai convocados mais días de folga: 13, 17, 19, 20 y 23 de xaneiro.

      Se non hai avances a folga sera indefinida a partir do 2 de febreiro.