FSC-CCOO Galicia | 2 Febreiro 2026.

  • Menú Documentos

    Boletín Arcoiris: información e recursos sindicais para todo o colectivo LGTBI+

      A Secretaría Confederal de Mujeres e Igualdade de CCOO presenta o primeiro número do Boletín Arcoiris

      15/01/2026.
      Nace o Boletin Arcoiris de CCOO

      Nace o Boletin Arcoiris de CCOO

      O primeiro número do Boletín Arcoiris, unha publicación periódica que quere facilitar o acceso á información e os recursos sindicais para todas as persoas que son parte do sindicato, e tamén do movemento asociativo aliado.

      Esta nova ferramenta é unha mostra máis do compromiso do sindicato na defensa da diversidade e da igualdade nos centros de traballo, así como a loita contra as discriminacións e a LGTBI+fobia no traballo.

      Co Boletín Arcoiris quérese reforzar a acción sindical que realizamos, fundamental para defender os dereitos das persoas traballadoras, independente da súa identidade, orientación sexual e/o expresión de xénero.

      Poderás atopar información sobre os avances que se vaian conseguindo no ámbito laboral, campañas de sensibilización, formacións e todo tipo de ferramentas útiles para todos os niveis do sindicato.