FSC-CCOO Galicia | 1 Febreiro 2026.

  • Men煤 Documentos

    FSC-CCOO esixe garantir a seguridade do persoal ferroviario

      O sector Ferroviario de FSC-CCOO convocará as xornadas de folga ou as medidas de presión que sexan necesarias para alcanzar compromisos concretos, recursos adecuados e protocolos efectivos.

      21/01/2026.
      FSC-CCOO esixe garantir a seguridade do persoal ferroviario

      FSC-CCOO esixe garantir a seguridade do persoal ferroviario

      Tras os graves sucesos ocorridos onte á noite en Barcelona, nos que faleceu un maquinista en prácticas, CCOO expresa a súa profunda consternación e traslada a súa máis sincero pésame á súa familia, amizades, compañeiras e compañeiros. Manifestamos o noso recoñecemento e respecto a quen perdeu a vida cumprindo co seu labor ao servizo do ferrocarril.

      A seguridade das traballadoras e traballadores ferroviarios e de quen utiliza este servizo público non pode seguir na situación actual. Non é aceptable que quen garante cada día o funcionamento do transporte ferroviario vexan comprometida a súa integridade física mentres desempeñan o seu traballo.

      Ante a falta de medidas e actuacións suficientes, convocaremos as xornadas de folga ou as medidas de presión necesarias para alcanzar compromisos concretos, recursos adecuados e protocolos efectivos que eviten que traxedias como esta volvan repetirse.

      Esiximos a adopción inmediata de medidas reais e eficaces para revisar e reforzar os protocolos de seguridade, así como unha investigación rigorosa do ocorrido. É imprescindible establecer e aplicar protocolos claros e coordinados entre Protección Civil, Renfe e Adif, que garantan a protección do persoal ferroviario ante situacións de risco.