FSC-CCOO Galicia | 14 Marzo 2026.

  • Men煤 Documentos

    O PODER DAS MULLERES. PODER QUE CONSTR脷E

      O feminismo de CCOO é internacionalista e por iso reivindicamos os dereitos e o poder de todas as mulleres do mundo, todos os días do ano

      05/03/2026.
      O poder das Mulleres_8M

      O poder das Mulleres_8M

      8 de marzo é o día en que as mulleres de todo o mundo xuntamos as nosas voces para felicitármonos polos logros acadados e reivindicarmos con enerxía que os  dereitos das mulleres non teñen fronteiras e non son negociables.

      As sindicalistas de CCOO alzamos a voz para reivindicar o poder das mulleres como un poder transformador.

      Fronte ás múltiples desigualdades e as violencias machistas, desde CCOO respondemos construíndo acción sindical.

      As sindicalistas de CCOO somos parte esencial do mundo do traballo, do movemento sindical e da defensa dos dereitos laborais e sociais. 

      Este 8 de marzo tomamos as rúas para recordar que o poder das mulleres está en marcha en todos os espazos.

      #8M2026

      #FeminismoSindical

      #PoderDasMulleres

      #PoderQueConstrúe

      Documentaci贸n asociada
      Documentaci贸n asociada