FSC-CCOO Galicia | 26 Marzo 2026.

  • Men煤 Documentos

    24 de Marzo Xornada: O poder das MULLERES da FSC

      O poder das mulleres da FSC: liderado feminino que rompe moldes e transforma a sociedade

      13/03/2026.
      O poder das Mulleres de FSC CCOO

      O poder das Mulleres de FSC CCOO

      A Federación de Servizos á Cidadanía (FSC-CCOO) convoca unha xornada única para visibilizar o poder e o liderado das mulleres nos sectores sindicais, compartir experiencias e fortalecer redes entre delegadas.

      A xornada, “O poder das mulleres da FSC”, celebrarase o 24 de marzo, de 09:30 a 14:00, no Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano.

      As inscricións están abertas ata o día 20 de marzo.

      Esta xornada é unha oportunidade para coñecer proxectos inspiradores de mulleres que están a transformar o traballo e a sociedade, fortalecer redes de apoio sindical e reivindicar a igualdade de xénero como eixo central do sindicalismo.

      A FSC-CCOO agrupa mulleres sindicalistas organizadas, combativas e conscientes de que o seu poder é colectivo.

      Sen mulleres, non hai sindicalismo.

      Ligaz贸ns relacionadas
      Ligaz贸ns relacionadas