FSC-CCOO Galicia | 26 Marzo 2026.

  • Men煤 Documentos

    Xornada "O poder das Mulleres"

      A FSC-CCOO pon en valor a forza das mulleres sindicalistas nunha xornada centrada no seu liderado e na loita polos dereitos laborais

      26/03/2026.
      O poder das Mulleres

      O poder das Mulleres

      A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia (FSC-CCOO) organizou o pasado martes a xornada “O poder das Mulleres”, un espazo de encontro, reflexión e acción colectiva para visibilizar o papel fundamental das mulleres no sindicalismo e na defensa dos dereitos laborais.

      A xornada foi inaugurada polo secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía, Lucho Palazzo, quen remarcou a necesidade de seguir avanzando en igualdade real dentro das organizacións

      Na xornada compartirense experiencias de loita, puxeronse en común retos actuais e reforzaronse as redes de apoio e solidariedade entre Mulleres. 

      Mesa 1: “Rompemos o molde, agora rompemos o teito” contou coa participación de Carolina Vidal, secretaria confederal de Mujeres, Igualdade e Condicións de Traballo, quen abordou o feminismo sindical como motor de transformación; Carolina Pecharromán, que puxo o foco no papel das mulleres no cambio social, achegando a súa experiencia como profesional dos medios de comunicación; e Cristina Fabeiro, que salientou a importancia das institucións públicas na garantía de dereitos.

      Mesa 2: “Valentes, visibles, imparables” reuniu a Eva Enjo, quen compartiu a súa experiencia no ámbito da seguridade portuaria, e a Pepa Páez, que puxo en valor o liderado feminino como unha das primeiras mulleres en acceder á dirección do sector ferroviario, compartindo a súa traxectoria e destacando as dificultades coas que as mulleres sindicalistas debemos lidar, mesmo a nivel interno da organización.

      Clausuraron a xoranda, Aurea Ramos, secretaria de mulleres de FSC-CCOO e Jose Manuel Ramos, secretario xeral de FSC-CCOO Galicia

      Desde a FSC-CCOO sublíñase que, malia os avances acadados, as mulleres seguen a enfrontar desigualdades estruturais no emprego, como a fenda salarial, a precariedade ou a dificultade para acceder a postos de responsabilidade. Por iso, insisten na necesidade de fortalecer a organización sindical como ferramenta imprescindible para conquistar novos dereitos e garantir a igualdade real.

      A xornada enmárcase no compromiso de CCOO coa igualdade de xénero e coa construción dun modelo laboral máis digno, inclusivo e libre de discriminacións.

      Porque sen as mulleres non hai sindicalismo, e sen igualdade non hai democracia.