FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    No que vai de ano, "as ETTs protagonistas da precariedade laboral en Galicia"

    • Para CCOO resulta evidente o equivocado desta política laboral baseada na precarización

    Os datos de contratación de empresas de traballo temporal de Galicia, co acumulado hasta abril de 2014, demostran ás claras que seguen a usarse as contratacións por ETT, como a máxima expresión da precariedade, onde a duración dos contratos nunha porcentaxe demasiado alta non chega nin sequera a unha semana.

    05/06/2014.
    Precariedade

    Precariedade

    Amosan tamén que esa precariedade a padecen principalmente as mulleres, sendo maioritariamente contratadas con contratos a xornada parcial, aínda que nestas estatísticas están nun empate virtual, noutros meses a diferenza é sempre superior para as mulleres neste tipo de contratos, e sempre é inferior nos de xornada completa.
    Tamén é salientable que a provincia de Pontevedra ten case 15 veces mais contratación por ETT que a provincia de Ourense, ou que Pontevedra e A Coruña xuntas, leven 9 de cada 10 contratos por ETT. Aínda que é probable que se deba o tipo de actividade/sector, os datos que nos remite a Xunta de Galicia, non permiten facer unha análise máis pormenorizado
    A continuación presentamos un resumo dos principais datos, aínda que tamén anexamos nun arquivo adxunto un PDF con todos os datos pormenorizados.
    1. So se rexistran contratos temporais (31.531 contratos)
    2. O 74,74% dos contratos realizados son a xornada completa, 23.567 contratos; 7.944 son a xornada parcial, e 20 son contratos formativos (15 a tempo completo e 5 a tempo parcial)
    3. No caso de contratos a xornada completa, a maioría son homes, cun 60% dos contratos; no caso de contratos a tempo parcial, dáse unha igualdade virtual entre homes y mulleres ó 50% habendo unha diferenza de 42 contratos a maiores nas mulleres (399 de mulleres por 3951 de homes).
    Apréciase maior diferenza nos contratos formativos, con 14 contratos para mulleres por 6 de homes. Os 5 contratos formativos a tempo parcial foron para mulleres.
    4. Por idade, a maioría dos contratos son para o tramo comprendido entre 29 e 39 anos, cun 41%  con contratos a xornada completa e o 32% a xornada parcial.
    Os que menos contratos acaparan sofren unha inversión segundo o tipo de xornada. Na xornada completa, os máis xoves son os peor parados cun 9% de contratación no tramo de 17 a 24 anos, duplican esta porcentaxe cando nos referimos a xornada parcial, cun 18% de los contratos. Nos de maior idade, igual ou máis de 45 anos, dáse o caso contrario, 18% dos contratos son a xornada completa, baixando ó 9% en xornada parcial.
    5. Respecto da duración, impera a precariedade, de entre os de duración determinada o 44% dos contratos ten unha duración inferior ós 30 días, menos do 2% duran entre un e cinco meses, e un pírrico 0,16% son de máis de 5 meses.
    Por comparar con números concretos, por 50 contratos cunha duración superior a 5 meses, hai 8.660 que teñen una duración de 4 días ou menos.
    O 53% dos contratos non teñen unha duración determinada.
    6. Por provincias, acumulase o groso dos contratos en Pontevedra, con 16.492 contratos e un 52,30% del total, A Coruña, con 11.921 contratos e o 37,80%, sumando ambas máis do 90% de contratación por ETTs de Galicia.
    Lugo acapara un 6.33%, con 1997 contratos, e Ourense quedase nun 3,55% con 1.121 contratos

    Documentación asociada
    Documentación asociada