FSC-CCOO Galicia | 30 Xuño 2025.

  • Menú Documentos

    Asinado o I Plan de Igualdade do Consello de Contas de Galicia

      É o primeiro ente da Xunta de Galicia en contar cun plan de igualdade negociado contodas as organizacións sindicais.

      26/06/2025.
      CONSELLO DE CONTAS

      CONSELLO DE CONTAS

      O 23 de xuño de 2025 foi asinado o I Plan de Igualdade do Consello de Contas de Galiciapolos representantes do Consello e os representantes das 4 organizacións sindicais que forman parte da Comisión negociadora CCOO, CSIF, UXT e CIG. O plan foi aprobado o pasado 2 de xuño por unanimidade.

      Esta comisión comezou a súa andadura o 3 de abril do 2024 composta porrepresentantes do Consello de Contas e de CCOO e CSIF, únicas OrganizaciónsSindicais que responderon á convocatoria do Consello.

      Posteriormente, na reunión de 12 de novembro de 2024 acordouse abrir a comisión negociadora ás Organizacións sindicais CIG e UXT.