FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos
    Dia internacional del SIDA

    1 de decembro, Día Mundial do Sida

    1 Decembro 2024

    28 de maio. Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

    28 Maio 2024

    28 maio

    Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres 

    Celébrase cada 28 de maio, co obxectivo de denunciar e facer fronte aos graves problema de saúde que millóns de mulleres sofren en distintos países, debido a pobreza, a violencia, as guerras, a discriminación, e a exclusión social, sexa por relixión, raza ou preferencia sexual.

    Tivo a súa orixe o 28 de maio de 1987, durante a reunión da Rede Mundial de Mulleres polos Dereitos Reprodutivos no V encontro Internacional de Mulleres e Saúde, celebrada en Costa Rica coñecida como Rede Mundial de Mulleres polos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, que decidiu establecer esta data para reivindicar o dereito á saúde como un dereito fundamental das mulleres. E iniciouse entón a organización e divulgación das actividades e accións en todo o mundo sobre a saúde das mulleres e súas comunidades​. 

    No ano 2005, a OMS realizou un estudo sobre a saúde das mulleres e a violencia doméstica contra elas.

    Non foi ata 2009 cando a OMS elaborou o informe Muller e saúde. Datos de hoxe, axenda de mañá. Este informe recompilou un conxunto de datos básicos sobre a saúde das mulleres e nenas ao longo da súa vida, VIH, as enfermidades relacionadas co embarazo e a tuberculose, ataques cardíacos e os accidentes cerebrovasculares.

    As mulleres viven de media de seis a oito anos máis que os homes, e representan unha proporción crecente da poboación maior. A proporción de xente moza e maior nas sociedades esta cambiando, e por elo deben anticiparse aos grandes cambios sociais que se producirán na organización do traballo, da familia e do apoio social, e prepararse para afrontar os problemas de saúde e os custos asociados á velle.Todos os anos, se organizan distintas campañas tocando temas tan sensibles como o acceso ao aborto legal e seguro, os dereitos e saúde sexual e reprodutiva da xuventude, acceso a anticonceptivos, acceso á asistencia sanitaria de calidade, mulleres e VIH; e nos que participan distintas organizacións e profesionais da saúde para dar un xiro a esta dura realidade e sensibilizar a os gobernos para cambiar de unha vez por todas a calidade de vida das mulleres no mundo.

    A Estratexia Mundial para a Saúde da Muller, da Infancia e da Adolescencia 2016-2030, establece tres obxectivos fundamentais: Sobrevivir, Prosperar e Transformar, que requiren, para a súa consecución, a posta en marcha de múltiples medidas, incluíndo un plan de financiamento e a promoción de leis, políticas e regulamentos que axuden a superar as barreiras mediante marcos legais habilítantes. A Organización Mundial da Saúde declara que na sociedade actual, as mulleres e as nenas deben estar protexidas, xa que representan á poboación máis vulnerable no que á saúde se refire e polo tanto súas necesidades deben ser prioritarias en calquera país do mundo, e os obxectivos deben ser sustentados en dous principios reitores: a promoción dos dereitos humanos e a igualdade de xénero. O dereito á saúde sexual e reprodutiva é un dos compoñentes do dereito á saúde consagrado no artigo 12 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. E fundamental implementar as políticas de igualdade de xénero para acadar a saúde sexual e reprodutiva de todas as mulleres, e tamén ter en conta e identificar a forma en que a desigualdade de poder nas relacións intimas xunto coas normas de xénero establecidas na sociedade, que resultan tan prexudiciais, e afectan ao acceso aos servizos de saúde e as súas experiencias.

    #SaluddelasMujeres

    #SaúdedasMulleres

    Día Internacional para poner fin a la violencia contra las trabajadoras sexuales

    17 de decembre, Día Internacional para poñer fin á violencia contra as traballadoras sexuais

    17 Decembro 2024. 12:00

    Día discapacidad

    3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade

    3 Decembro 2024. 12:00

    1 de decembro, Día Mundial do Sida

    1 Novembro 2024. 12:00

    CAMPAÑA 25N

    25 de novembro, día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

    25 Novembro 2024. 12:00

    Bandera TRANS

    20 de novembro, Día Internacional da Memoria Transexual

    20 Novembro 2024. 12:00

    Día Internacional del Home

    19 de novembro, Día Internacional do Home

    19 Novembro 2024. 12:00

    16 de novembro, Día Internacional para a Tolerancia

    16 Novembro 2024. 12:00

    Bandera TRANS

    22 de outubro, Día da Despatoloxización TRANS

    22 Outubro 2024. 12:00

    19 de outubro, Día das escritoras

    19 Outubro 2024. 12:00

    15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais

    15 Outubro 2024. 12:00

    11 de outubro, Día Internacional da Nena

    11 Outubro 2024. 12:00

    Jornada Mundial por el Trabajo Decente

    7 de outubro, Día Internacional polo traballo Decente

    7 Outubro 2024. 12:00

    1 de outubro, Día Internacional das Persoas de Idade, e 1 de outubro de 1931. A II República aproba o voto feminino, grazas a Clara Campoamor

    1 Outubro 2024. 12:00

    28 de setembro, Día da acción global polo acceso ao aborto legal e seguro

    28 Setembro 2024. 12:00

    Bandera del orgullo bisexual

    23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres e menores con fins de explotación sexual, e Día Internacional da Bisexualidade

    23 Setembro 2024. 13:13

    Igualdad Salarial Ya!

    18 de setembro, Día Internacional da Igualdade Salarial

    18 Setembro 2024. 12:00

    28 de agosto, Día Internacional do anciá e da ancián

    28 Agosto 2024. 12:00

    12 de agosto, Día Internacional da Mocidade

    12 Agosto 2024. 12:00

    Bandera no binaria

    14 de xullo, Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

    14 Xullo 2024. 12:00

    Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

    A data celebrouse por primeira vez no ano 2012. Impulsárona diversos colectivos coa intención de nomear e dar visibilidade ás persoas que non se identifican total ou parcialmente cos xéneros cis-binarios asignados no nacemento (masculino e feminino), como pode ser o xénero fluído, o axénero, o bixénero, o demixénero, o non binario, entre outras identidades e existencias dentro do espectro non binario, nunha data entre o Día Internacional da Muller e o Día Internacional do Home.

    Nacemos nunha sociedade patriarcal que nos encerra en dúas posibilidades de identidade de xénero. Pero no medio, entre o que é ser home e ser muller, temos un abano de posibilidades de identificación de xénero A diversidade existe e, polo tanto, debe ser respectada e, como todxs, teñen dereito a ter os mesmos dereitos a ser e a amar como senten e a ser chamados da forma que sexa, queiran e sintan.

    A bandeira non binaria

    Foi deseñada no 2014. Atribúese a súa autoría a Kye Rowan, entón un adolescente que se autoproclamaba «un vello guerreiro pola xustiza social».

    O propósito de ter un símbolo de seu era delimitar as particularidades entre as persoas que se identifican como non binarias e as que se consideran fluídas de xénero

    .Significado das cores da bandeira

    :Amarelo: persoas que non se identifican nin asumen un sistema binario

    Branco: para agrupar persoas ás que se supón que son varios ou todos os xéneros.

    Morado: alusión a aqueles que están entre o masculino, o feminino ou unha mestura de ambos.

    Negras: persoas que non asumen ningún xénero

    5 de xullo, Día das persoas LGBT+ nas Ciencias

    5 Xullo 2024

    La bandera LGTBQI+

    28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais

    28 Xuño 2024. 12:00

    Reivindica o respecto á diversidade sexual e o dereito das persoas a viviren con liberdade a súa orientación sexual e identidade de xénero, sen temor a discriminacións nin represalias

    Orixe:

    Conmemora os Disturbios de Stonewall de 1969, considerado o acontecemento fundamental que orixinou o movemento LGTB moderno, para reafirmar o sentimento de orgullo sobre as identidades e orientacións sexuais e de xénero tradicionalmente marxinadas e reprimidas, e para visibilizar a súa presenza na sociedade e seus reclamos.Stonewall Inn era un local clandestino para homosexuais situado no barrio neoiorquino de Greenwich Village. Os propietarios tiñan axentes de policía subornados para que os avisasen das redadas con antelación e ignorasen as actividades do pub. As redadas nestes locais eran algo habitual nesa época. Pero a madrugada do 27 ao 28 de xuño, axentes da Oficina de Alcol, Tabaco e Armas de fogo irromperon no establecemento, pedíronlles os documentos de identidade ás persoas presentes e arrestaron varias transexuais que non cumprían coa lei ao non levar postas, polo menos, tres pezas de roupa do sexo que constaba nos seus documentos de identidade. Os asistentes negáronse a que lles inspeccionasen os xenitais para verificar o sexo, e terminaron por rebelarse contra os axentes.Ese día, inesperadamente, a policía perdeu o control da situación e os clientes e demais persoas que se achegaron ao lugar rebeláronse. A tensión entre a policía e os veciños gais de Greenwich Village durou varios días.En cuestión de semanas, o colectivo organizouse e realizaron manifestacións espontáneas e violentas para lograr dispoñer de lugares onde os homosexuais puidesen estar libremente sen temor a ser arrestados.

    A comunidade LGBT loitaba para demostrar que as persoas homosexuais eran parte da sociedade, contra un sistema que perseguía a persoas non normativas (LGBT, persoas racializadas...). Así mesmo, loitaban para fomentar unha cultura de non confrontación entre homosexuais e heterosexuais.As persoas LGTBI estiveron moi discriminadas durante os anos 50 e 60: non podían exercer a medicina, o dereito ou o ensino, nin tampouco se lles permitía traballar para o Estado e eran tratadas como trastornadas mentais e criminais.

    Hoxe en día, en moitos países do mundo a homosexualidade e a condición sexual non tradicional seguen estando castigadas socialmente e criminalizadas; en moitos outros, aínda que as leis as amparen, non están aceptadas socialmente.Marchas polo Día do Orgullo LGTBIAs primeiras marchas do Orgullo tiveron lugar en 1970 en Nova York e Os Ánxeles.Co paso dos anos, moitas cidades fóronse sumando a estas marchas en todo o mundo e desde entón acollen os desfiles do Orgullo Gai para reivindicar os seus dereitos.

    0En España, a primeira manifestación do Orgullo Gai fíxose en Barcelona o 28 de xuño do ano 1977, e a pesar de que entón a transexualidade e a homosexualidade eran ilegais, 5000 persoas saíron ás rúas para loitar polos seus dereitos. Ao final da manifestación, a policía cargou contra elas, co resultado de centos de persoas feridas e detidas.Un ano despois, Madrid e Barcelona organizaron a manifestación do Orgullo. En Madrid acudiron 7000 persoas e en Bilbao houbo concentracións

    19 de xuño, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos

    19 Xuño 2024. 12:00

    Día Internacional contra a Violencia Sexual nos Conflitos

    «A violencia sexual nos conflitos é un crime brutal, perpetrado principalmente contra as mulleres e as nenas, pero que afecta tamén aos homes e os nenos. Esta secuela repercute en todos os ámbitos das comunidades e as sociedades, perpetuando os ciclosde violencia e ameazando a paz e a seguridade internacionais.»António GuterresSecretario xeral das Nacións Unidas. 2020

    O 19 de xuño de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou (A/RES/69/293) o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos, co fin de concienciar sobre a necesidade de poñer fin á violencia e actividade sexual relacionada co conflito, para homenaxear as vítimas e sobreviventes da violencia sexual en todo o mundo e render tributo a aquelas persoas que dedicaron a súa vida a loitar para acabar con estes crimes.

    A data escolleuse para conmemorar a adopción da resolución S/RES/1820(2008) do Consello de Seguridade, o 19 de xuño de 2008, na que condenaba a violencia sexual como táctica de guerra e impedimento para a consolidación da paz.A expresión «violencia sexual relacionada cos conflitos», segundo recolle o informe emitido no 2015 polo secretario xeral das Nacións Unidas, inclúe as violacións, a prostitución forzada, a escravitude sexual, os embarazos forzados, a esterilización forzada e calquera outro acto grave de violencia sexual contra mulleres, homes ou nenos que teñen unha vinculación directa ou indirecta cun conflito, e que tamén pode estar relacionado co odio étnico e a depuración étnica.

    A violencia sexual exércese de forma xeneralizada en moitos conflitos armados como método de guerra, co fin de destruír o tecido social ou como unha forma de represalia para xerar medo, ou a modo de tortura.É importante ter en conta que as vítimas máis frecuentes de violencia sexual son as mulleres enenas, que son atacadas por pertencer ou pensar que pertencen a unha minoría política, étnica ou relixiosa e por estar nunha situación de vulnerabilidade.

    Ser muller é en moitos lugares, unha sentenza de violencia. Pero tamén se comete violencia sexual contra homes e nenos, que se volven particularmente vulnerables nalgúns contextos, como nos casos de detención, e, ademais, esta violencia segue envolta nun veo de tabús culturais e con poucas redes de apoio dispoñibles.

    Máis de 60 países aínda non inclúen as vítimas de sexo masculino no ámbito da lexislación sobre violencia sexual, e moitos homes e nenos permanecen en silencio por medo ao ostracismo ou a acusacións de homosexualidade.Tales actos forman parte dun escenario de abuso e violencia que inclúe asasinatos, recrutamento infantil, destrución da propiedade e saqueos, pero con frecuencia fica oculta, debido aos sentimentos de culpa e de vergoña, o temor ás represalias ou os tabús sobre o tema que impiden que as vítimas denuncien estes actos. Pode causar traumas físicos e psicolóxicos graves, infección por VIH e, en ocasións, a morte. Ademais, o padecemento das vítimas a miúdo ten varias facetas: non só reciben lesións e traumas potencialmente perigosos e persistentes, senón que tamén se enfrontan á estigmatización e o rexeitamento por parte das súas familias e comunidades.

    Como resultado, ocúltase a magnitude do problema eresulta moi difícil chegar ás vítimas e darlles apoio.Os conflitos armados e outras situacións de violencia afectan ás mulleres, os homes, as nenas e os nenos de maneira diferente. Certas persoas poden ser máis vulnerables ca outras á violencia sexual. Isto inclúe as persoas desprazadas, as migrantes, as viúvas, as mulleres xefas de fogar, os detidos, as persoas asociadas coas forzas armadas ou con grupos armados, ou as persoas de grupos étnicos específicos.Estímase que por cada violación denunciada en relación cun conflito, hai entre dez e vintecasos que quedan sen documentar.A Corte Penal Internacional inclúe a violación e algunhas outras formas de violencia sexual na lista de crimes de guerra e na lista de actos que constitúen crimes de lesa humanidade cando se cometen como parte dun ataque xeneralizado ou sistemático contra unha poboación civil

    Bandera TRANS

    31 de marzo, Día Internacional da Visibilidade Transxénero

    31 Marzo 2024. 12:00

    23 de marzo, Día nacional da conciliación da vida persoal familiar e laboral e corresponsabilidade na asunción de responsabilidades familiares

    23 Marzo 2024. 12:00

    10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

    10 Marzo 2024. 12:00

    Sin perspectiva de género no hay igualdad

    Día Internacional Das Mulleres

    8 Marzo 2024

    A orixe da celebración do 8 de marzo non radica nun acontecemento illado, senón que ten que situarse nun contexto ideolóxico e histórico mais amplío. Cada xeración foi herdando o deber de loita polos seus dereitos e polos das xeracións vindeiras, para mellorar os dereitos da metade da poboación e mellorar a da totalidade

    O documento completo do Orixe do 8M, no enlace de abaixo

    O USO DA COR VIOLETA

    A utilización da cor violeta como cor do dia da muller non e clara, uns din que era a cor da tela que fabricaban as 129 traballadoras que morreron no incendio da fabrica Textil Cotton, de Nova York o 8 de marzo de 1908 despois que se reuniran para declarar a folga. O fume que saía do lume e que se vía por quilómetros era de cor violeta, xa que traballaban con teas desa cor. 

    Outros afirman que este suceso nunca tiveron lugar e que o verdadeiro incendio ocorreu en 1911 na industria téxtil da Triangle Shirtwaist Company durante unha folga masiva que durou máis dun ano e na que os traballadores xa loitando pola mellora dos seus dereitos laborais.

    Outra versión di que era a cor que usaban as primeira sufraxistas como identificación. 

    Falase da elección do morado como símbolo feminista xa que é o resultado da mestura dos cores rosa e azul, cos que eran identificadas as nenas e os nenos, e simbolizaría a loita pola igualdade entre sexos.

    Documento máis abaixo

    1 de marzo, Día da Cero para a Discriminación

    1 Marzo 2024. 12:00

    Cartel Igualdad Salarial YA

    22 de febreiro, Día europeo e español pola igualdade salarial de mulleres e homes

    22 Febreiro 2024. 12:00

    #Stoplgtbifobia

    19 de febreiro, Día contra a LGTBIfobia no DEPORTE

    19 Febreiro 2024. 12:00

    11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

    11 Febreiro 2004. 12:00

    Dia Internacional de Tolerancia Cero contra la Mutilación Genital Femenina

    6 de febreiro, Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina

    6 Febreiro 2024. 12:00

    24 de mayo Día de la Pansexualidad

    24 de maio, Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarmamento e Día da Pansexualidade

    24 Maio 2024

    24 de maio. Dia da Pansexualidade 

    Esta efeméride ten a súa orixe nun grupo da rede social TUMBLR, que en 2015 creou esta iniciativa, para sinalar que hai outras orientacións sexuais ademais de heterosexuais, homosexuais ou bisexuais. 

    Pansexual refírese a persoas que se senten atraídas por todos os xéneros e sexos. Distínguese da bisexualidade porque esta última defínese xeralmente como a atracción sexual por dous xéneros. 

    A pansexualidade non é tanto unha atracción física para homes ou mulleres, senón que pasa por un plano romántico, espiritual e mesmo filosófico. As persoas pansexuais poden verse atraídas polos homes e mulleres independentemente do seu físico ou xénero. 

    A bandeira da pansexualidade está formada por tres liñas horizontais en rosa, amarela e azul. Representan os espectros feminino, masculino e non binario, cos que os pansexuais poden identificarse independentemente do seu sexo biolóxico.

    24 maio, Dia Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarmamento.

    Instaurouse o 24 de maio de 1982, por impulso de grupos pacifistas de mulleres europeas, despois das campañas realizadas polas británicas que, en 1981, opuxéronse as estratexias militares da OTAN e a instalación de bases militares. 

    Despois sumáronse organizacións de todo o mundo para visibilizar e condenar conflitos como os de Chiapas e Medio Oriente, a violencia sexual contra as mulleres como táctica de guerra e xoguetes bélicos. 

    As iniciativas comprenderon xestións ante o Consello de Seguridade da ONU para integrar mulleres na mediación de conflitos. A petición foi aceptada no ano 2000, tras a presentación de 100.000 de todo o mundo. 

    Esta conmemoración ten como principal obxectivo fomentar a toma de conciencia para a desmilitarización da sociedade; visibilizar o rol das mulleres nos conflitos armados; visibilizar á muller e darlle a oportunidade de participar de forma activa e lograr a incorporación nos procesos de paz mundial, e convocar aos Estados a apoiar as iniciativas desenvoltas polas mulleres a favor dos dereitos humanos. en pos dunha construción dunha cultura de paz, e unha sociedade máis xusta, digna e libre de enfrontamentos bélicos e guerras inxusta. 

    Tamén reivindica a necesidade de mostrar o papel protagonista da muller nos procesos de pacificación para evitar o estereotipo que as mostra como vítimas silenciosas e pasivas. Considérase que o seu papel é fundamental na construción social, política e económica tras os conflitos para recuperar os espazos de vida e desenvolvemento individual e colectivo.

    A presenza de mulleres nos exércitos é moi minoritaria e, en cambio, como recolle a Resolución 1325 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o 90 por cento das vítimas das guerras son civís, a maioría mulleres e nenos, que adoitan ser vítimas de malos tratos vinculados a explotación sexual.

    17 maio. STOP LGTBiFobia-

    17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

    17 Maio 2024. 12:00

    17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

    Esta data é o aniversario da decisión da Organización Mundial da Saúde en maio de 1990 de eliminar a homosexualidade da súa lista de trastornos mentais, e que foi un paso adiante para considerar a orientación sexual e a identidade de xénero como un dereito humano fundamental.

    Despois dunha campaña de un ano, co respaldo de numerosas organizacións internacionais, celebrouse por primeira vez en 2005, e participaron mais de 40 países de todo o mundo, con actividades militantes LGBT, que foron amplamente cubertas polos medios de comunicación, en países como a República Democrática do Congo, China e Bulgaria. A xornada e coordinada en todo o mundo polo Comité IDAHO con sede en París, fundado polo académico Louis-Georges Tin, do que foi presidente ata 2013. O obxectivo e facer unha denuncia mundial, á sociedade ante a discriminación do colectivo LGTBI mediante a reivindicación, a información, a reflexión e a denuncia contra os ataques físicos, psicolóxicos, intelectuais e morais ás persoas por razón da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, e salientar a importancia da implementación de políticas públicas cun enfoque de dereitos humanos para a construción de sociedades sen prexuízos, inclusivas, iguais e libres.

    A homofobia é o rexeitamento ou discriminación que sofren as persoas que declaran a súa preferencia sexual diferente dos gustos que a sociedade e a relixión impuxeron ao respecto.

    A transfobia e a bifobia defínense como o medo e a falta de aceptación que algunhas persoas teñen cara ás persoas trans. Noutras palabras, persoas que non se axustan aos roles tradicionais de xénero.

    Actualmente, máis de 70 países do mundo criminalizan como ilegais as relacións homosexuais consensuadas, e a gran maioría as castiga con penas de prisión. A día de hoxe a pena de morte, para estes casos, segue vixente en países como Mauritania, Irán, Sudán, Arabia Saudita e Iemen, así como partes de Nixeria e Somalia. O número destes países está a cambiar continuamente, xa que algúns países deixan de criminalizar a 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia Despois dunha campaña de un ano, co respaldo de numerosas organizacións internacionais, celebrouse por primeira vez en 2005, e participaron mais de 40 países de todo o mundo, con actividades militantes LGBT, que foron amplamente cubertas polos medios de comunicación, en países como a República Democrática do Congo, China e Bulgaria. A xornada e coordinada en todo o mundo polo Comité IDAHO con sede en París, fundado polo académico Louis-Georges Tin, do que foi presidente ata 2013. O obxectivo e facer unha denuncia mundial, á sociedade ante a discriminación do colectivo LGTBI mediante a reivindicación, a información, a reflexión e a denuncia contra os ataques físicos, psicolóxicos, intelectuais e morais ás persoas por razón da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, e salientar a importancia da implementación de políticas públicas cun enfoque de dereitos humanos para a construción de sociedades sen prexuízos, inclusivas, iguais e libres.

    A homofobia é o rexeitamento ou discriminación que sofren as persoas que declaran a súa preferencia sexual diferente dos gustos que a sociedade e a relixión impuxeron ao respecto.

    A transfobia e a bifobia defínense como o medo e a falta de aceptación que algunhas persoas teñen cara ás persoas trans. Noutras palabras, persoas que non se axustan aos roles tradicionais de xénero. Actualmente, máis de 70 países do mundo criminalizan como ilegais as relacións homosexuais consensuadas, e a gran maioría as castiga con penas de prisión. A día de hoxe a pena de morte, para estes casos, segue vixente en países como Mauritania, Irán, Sudán, Arabia Saudita e Iemen, así como partes de Nixeria e Somalia. O número destes países está a Esta data é o aniversario da decisión da Organización Mundial da Saúde en maio de 1990 de eliminar a homosexualidade da súa lista de trastornos mentais, e que foi un paso adiante para considerar a orientación sexual e a identidade de xénero como un dereito humano fundamental. homosexualidade mentres que outros introducen novas leis que a condenan. En certas sociedades, os homes homosexuais poden ser linchados en público, ou condenados ao ostracismo, mentres que as mulleres homosexuais atópanse atrapadas na casa e condenadas a unha vida de illamento. En certos casos, a homofobia practícase en nome de Deus, noutros, en nome da Ciencia. Ás veces condénase a homosexualidade, pero os transexuais son “tolerados”, e ás veces sucede todo o contrario. Segundo o contexto, a bisexualidade é vista como un mal menor ou como o peor dos vicios.En países como Letonia, Lituania, Bulgaria, Croacia, Serbia, Hungría, Moldavia ou Rusia son frecuentes a vulneración do dereito á liberdade de expresión e reunión ou os delitos de odio contra estas persoas.En Camerún, Kenia, Senegal, Tanzania, Togo e Uganda , as persoas LGBTI seguen sufrindo abusos ou discriminación En América, Brasil segue sendo o país máis mortífero do mundo para as persoas trans. En países como Arxentina, Bahamas, O Salvador, Haití, Honduras, Xamaica, República Dominicana ou Venezuela mantéñense altos niveis de delitos de odio, defensa do odio e da discriminación, así como asasinatos e persecución contra activistas LGBTI.En Asia, en países como Indonesia ou Malaisia, as persoas LGBTI sofren acoso, discriminación e violencia.En Oriente Medio e norte de África, en Bahrein, Exipto, Irán, Marrocos e Túnez, as persoas LGBTI son detidas e encarceradas acusadas de "actos licenciosos" ou "condutas inmorais", e perseguidas en virtude de leis que criminalizan as relacións sexuais consentidas entre persoas do mesmo sexo.O discurso homofóbico de moitos medios de comunicación, gobernantes, políticos, relixiosos fomenta un clima de intolerancia e discriminación contra a diversidade sexual de lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais, e mesmo fomenta a violencia contra estas persoas. 

    1MAYO2022

    1 de maio, Día Internacional do traballo*

    1 Maio 2024. 12:00

    26 de abril, Día de la Visibilidad Lésbica

    26 de abril, Día da visibilidade Lésbica

    26 Abril 2024. 12:00

    Esta celebración orixinouse en España no 2008 como parte dasactividades dos colectivos LGTBI, como unha forma devisibilizar o papel que ocupan as lesbianas no espazo publico,

    co obxectivo de reivindicar a igualdade de dereitos eoportunidades das lesbianas, (tales como o matrimonio igualitario ou a reprodución asistida) e normalizar a verdadeira diversidade sexual.

    Actualmente e celebrado en todo o mundo, aínda que non todos os países coinciden no dia da celebración. En Ecuador,Colombia, México, Perú e Venezuela tamén se celebra o 26 de abril #DiadelaVisibilidadLesbica#VisibilidadLesbica.

    28 de abril, Día internacional das nenas nas TIC

    28 Abril 2024. 12:00

    4º xoves de Abril: Dia internacional das nenas nas TIC

    Comezouse a celebrar en 2011.A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), organización fundada en 1865 e adscrita á ONU, especializada nas tecnoloxías de información e comunicación, estableceu en 2010 o Dia Internacional das Nenas nas TICs (Tecnoloxías d Información e da comunicación) que se celebra cada ano o 4º xoves de abril, como consecuencia da enorme fenda dixital de xénero que se fixo patente ao longo dos anos. Ten como obxectivo fomentar as vocacións tecnolóxicas das nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero. Tamén fomentar e motivar ás nenas a participar en carreiras tecnolóxicas, tanto na formación regrada, como a nivel profesional, deste xeito se incentiva que tanto as nenas e mulleres como as empresas tecnolóxicas aproveiten as vantaxes dunha maior participación feminina no sector das TICs

    Na Unión Europea, de cada 1.000 mulleres con título universitario, só 29 se gradúan nunha carreira relacionada coas TIC e desas só 4 acaban nun traballo no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Un informe de 2016 elaborado por Eurostat mostrou que en 2014 o 80% dos profesionais da tecnoloxía na UE eran homes.

    Un informe galego, presentado en marzo de 2022, confirma o risco de que as mulleres queden excluídas de empregos de futuro onde a tecnoloxía será fundamental, xa que a brecha de xénero no emprego no sector TIC alcanza case 35 puntos, soamente o 32,6% dos 24.393 postos no ano 2020 eran mulleres. Estas son algunhas das conclusións recollidas no informe As Mulleres e as TICs, elaborado por el Consello Galego das Mulleres. 

    Outro dato alarmante e que un 30% das empresas TIC que operan en Galicia no teñen ningunha muller no seu cadro de persoal; soamente no 14% dos casos existe presencia de mulleres nos equipos directivos. Ante esta situación se abren 2 retos:

    1. encamiñar ás nenas e mozas cara a formación TIC con colaboración das universidades e axentes de empredemento e promover a iniciativa empresarial tecnolóxica, tamén no medio rural

    2. sensibilización da sociedade na diminución da brecha dixital de xénero con iniciativas específicas de divulgación e no reforzo da formación tecnolóxica para a vida cotiá

    13 de abril, Día Internacional do Rosa

    13 Abril 2024. 12:00

    Se celebra o segundo mércores do mes de abril.O Día Internacional Rosa está dirixido por mozos voluntarios do Centro Canadense para a Diversidade Sexual e de Xénero, en Ottawa. 

    A iniciativa busca apoiar o traballo dos estudantes, os educadores, a comunidade e as empresas nos seus esforzos por deter o acoso escolar, a discriminación, a homofobia e a transfobia. Este evento se celebra dende 2007, e orixinouse en Canada, cando os estudantes David Shepherd e TravisPrice viron a outro estudante, vestido cunha camisa rosa, sendo intimidado na Central Kings Rural HighSchool de Nova Scotia, Canadá, e decidiron mostrar o seu apoio ao estudante promovendo o uso de camisas rosas. na escola ao día seguinte.

    A iniciativa inspirou aos mozos do Canadian Centre for Gender and Sexual Diversity (Centro Canadense para a Diversidade Sexual e de Xénero), que fundou o International PinkDay, un esforzo para apoiar aos seus compañeiros a nivel internacional con recursos e formas de facer que as súas escolas sexan máis seguras.

    En 2012 participaron máis de 8 millóns de persoas.

    #pinkshirtday.

    4 de abril, Día Internacional contra la Explotación Sexual Infantil

    4 de abril, Día Internacional contra la Explotación Sexual Infantil

    4 Abril 2024. 12:00

    Aínda que en 1989 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Convención sobre os Dereitos das Nenas e dos Nenos, en 1990 a concienciación internacional sobre a explotación sexual comercial dos nenos (CSEC) obrigou a crear un Relator Especial sobre a venda de nenos, a prostitución infantil e o uso de nenas e nenos na pornografía, para que este fenómeno sexa investigado en todo o mundo, presentar informes á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e formular recomendacións para a protección dos dereitos das vítimas. A Declaración do Congreso Mundial contra a Explotación Sexual Comercial de Nenos e Nenas, celebrada en Estocolmo en 1996, definiu a prostitución infantil como unha violación fundamental dos dereitos e da dignidade do neno, que inclúe o abuso sexual por parte de adultos e unha remuneración en metálico ou en especie. ao neno ou nena e a unha terceira persoa ou varias, corrompendo non só a liberdade e a dignidade das vítimas, senón tamén a súa integridade física e emocional. E estableceu este Día Mundial co obxectivo de poñer este tema na axenda publica, e asumir un compromiso de Estado e da sociedade e concienciar sobre o problema da explotación sexual infantil, que non só constitúe unha abominable violación dos dereitos dos nenas e nenos e adolescentes, senón un atentado contra a súa integridade física e psicolóxica, incluso contra as súas vidasA maioría das vítimas dos abusos sexuais na infancia son nenas, Nacións Unidas concreta que son aproximadamente, un 80%. 

    Existen 3 formas nas que se manifesta a violencia sexual contra a infancia, a explotación infantil e a trata, o abuso sexual infantil con e sen contacto, e as imaxes de abuso sexual a través das TIC. As novas tecnoloxías axudaron ao incremento da trata infantil sexual. 

    Miles de pedófilos inundan as redes impunemente, para obter con enganos calquera imaxe de nenas e nenos sen roupa, a o que temos que engadir o chamado “turismo sexual infantil” que moitos homes –principalmente- fan en países nos que acceder a este tipo de turismo e sinxelo e barato, uns pedófilos, e outros que se aproveitan da dispoñibilidade de nenas e nenos que carecen de elementos tan básicos como a roupa ou comida, polo que acaban accedendo a vender o seu corpo por necesidades de subsistencia. Estas situacións danse sobre todo en países pobres onde as autoridades o ocultan por beneficio propio. 

    Unha das liñas de traballo que se fixo para loitar con esta practica e o Código de Conduta que mais de 1000 empresas turísticas subscribiron, algunhas españolas, como NH, Meliá, Iberia y Grupo Barceló, no que se comprometen a loitar activamente contra a prostitución infantil: informando de calquera indicio de turismo sexual.

    Tense que seguir loitando, concienciando, denunciando e perseguindo por parte da sociedade, gobernos, autoridades e ONGs, de que esta explotación debe desaparecer, e que para loitar contra este problema tense que erradicar a pobreza.