FSC-CCOO Galicia | 26 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos
    16/05/2023
    Pazo de Xustiza a Coruña

    É inaceptable para o sindicato que continúe hoxe a negociación coas asociacións da xudicatura e a fiscalía mentres se trata con desprezo o resto do persoal, con cuxos representantes sindicais se nega a negociar a ministra Pilar Llop.

    04/02/2022
    Oposicións administración de xustiza
    • Prepara as oposicións con profesionais cualificados e prezos accesibles
    • Matrícula de balde durante o mes de febreiro do 2022
    • Comezan os cursos o 3 de marzo de 2022

    O sector de Xustiza da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia inicia cursos de preparación para as próximas convocatorias ás oposicións de xustiza, con profesionais cualificados e prezos accesibles. Unha preparación de oposicións con seguimento personalizado, con temarios e cuestionarios propios, tratamento próximo e baixo a filosofía de CCOO, na busca dun posto definitivo na Administración de Xustiza, cos mellores medios comunicativos, infraestrutura e formación de que dispón a nosa organización.

    09/04/2021
    Na fotografía, Xulgados de Vigo | Foto: Google Street View
    • Recibida a «luz verde» por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial, o sindicato coida que «non caben máis escusas».

    CCOO coida que «non caben máis escusas», nin tampouco se poden «antepoñer intereses económicos aos criterios de servizo público».

    21/09/2018
    CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións
    • O sindicato denuncia que levan trece anos sen posibilidade de negociar un acordo de mellora das condicións laborais dun cadro de persoal envellecido ?a idade media é de 52 anos? e á cabeza de Europa en sufrimento de agresións ?cerca de 500 físicas e 10 000 psicolóxicas cada ano.

    O próximo 24 de setembro celebraranse actos en todos os centros penais de España con motivo da festividade da Mercé, padroa de Institucións Penitenciarias. Neste día, CCOO denuncia que a precariedade laboral e a deterioración do servizo público penitenciario non poden seguir financiando o funcionamento do sistema público de prisións.

    18/05/2018
    CCOO e UGT en disposición de asinar o documento proposto pola Administración

    Despois do longo conflito da xustiza en Galicia, neste momento a Administración galega chegou ao máximo posible de negociación. Dado que o contido de súa proposta recolle unha parte importante dos obxectivos da mobilización, e sendo conscientes de que quedan aspectos que por forza corresponden ao ámbito da comisión de seguimento, CCOO e UGT, entendemos que, por responsabilidade, debemos contribuír a que os beneficios dos obxectivos acadados por todos os traballadores e traballadoras se poidan aplicar o máis axiña posible, o que contribuirá a paliar os efectos desta longa loita en defensa da homologación salarial dos traballadores e traballadoras da Xustiza de Galicia.

    27/04/2018
    Acordo en xustiza
    • O documento asume case todas as reivindicacións sindicais e será votado polo persoal hoxe venres, 27 de abril

    A maioría sindical no sector da Xustiza, representada polos sindicatos CCOO, CSI-F, UGT e USO, chegou onte a un principio de acordo coa Administración para desbloquear o conflito que provocou unha folga indefinida os últimos dous meses e medio. Agora será o persoal do sector o que deba referendar o documento nas votacións que terán lugar hoxe venres, día 27 de abril.

    08/02/2018
    Pancarta principal da manifestación de hai uns días en Santiago de Compostela

    O sector da Xustiza de CCOO de Galicia informa do seguimento «masivo» da segunda xornada da folga indefinida convocada no ámbito por todos os sindicatos. Centos de xuízos e milleiros de trámites xudiciais quedaron interrompidos, o que dá idea da elevada aceptación da convocatoria. Hai que lembrar que na primeira xornada de folga o seguimento foi de case o 90 %.

    07/02/2018
    Manifestación dos traballadores/as de Xustiza

    Hoxe, mércores, comeza na Administración de Xustiza a folga indefinida durante toda a xornada laboral, logo de fracasar as negociacións co Goberno de Galicia. Os traballadores e traballadoras, preto de 2500 en toda Galicia, esixen melloras salarais e laborais para equipararse ao funcionariado do resto do Estado.

    29/11/2017
    Non aá discriminación na Xustiza Galega

    A DXX ditou con data 28 de novembro acordo relativo aos Servizos Mínimos establecidos para a folga convocada os días 1 e 13 de decembro de 2017 no ámbito do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia na Xuntanza co comité de folga do 28/11/2017. ...

    15/11/2017
    Leiceaga Patricia Vilán sindicatos xustiza

    Todas as organizacións sindicais con representación na mesa de negociación da Administración de Xustiza (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO), en unidade de acción, estamos a realizar unha serie de mobilizacións co fin de que pola Dirección Xeral de Xustiza se inicie a negociación

    15/09/2017
    xestions nacionalidade residencia

    Esta tarefa, que viñan realizando de forma pública e gratuíta os rexistros civís, poderán levala a cabo avogados e avogadas que cobrarán por facelo a quen poida pagalo, quedando abandonadas á súa sorte as persoas que non dispoñan de medios económicos abondos.

    04/09/2017
    Tesourería da Seguridade Social
    • O Goberno obstrúe intencionadamente a execución das decenas de autos de extensión de efectos de períodos non cotizados anteriores a agosto de 1990.
    • A CCOO parécenos inaceptable e unha vergonza que, nun Estado de dereito, a Administración e o propio Goberno vulneren os dereitos dos traballadores e traballadoras recoñecidos en autos e sentenzas

    CCOO tivo coñecemento de circulares e notas internas que está remitindo a Tesourería Xeral da Seguridade Social ás súas diferentes delegacións provinciais para que non executen as sentenzas e autos estimatorios que recoñecen o dereito dos traballadores e traballadoras a ser dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social por períodos traballados, e que constan efectivamente, con anterioridade a agosto de 1990.

    31/08/2017
    • O Ministerio de Interior mantén en prisións 3000 prazas vacantes, 17 intérpretes para 83 centros, falta de medios e de formación específica para o escaso e envellecido persoal que debe combater a ameaza xihadista nun dos seus principais ámbitos de captación

    O 29 de agosto, a sección estatal de CCOO en Institucións Penitenciarias da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC-CCOO) rexistrou un escrito dirixido ao Ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, no que solicita máis persoal, medios e unha formación específica para a prevención da radicalización nas prisións.

    26/07/2017

    Onte publicouse no BOE o Real Decreto 725/2017, de 21 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Xustiza

    18/07/2017
    RETRASO EN LA FECHA DE PUBLICACIÓN EN EL BOE:
    • CCOO vuelve a exigir que el plazo de presentación de solicitudes no sea en el mes de agosto

    Según la información de que disponemos en estos momentos, el Ministerio de Justicia retrasa la convocatoria de la promoción interna. Ya no será en el mes de julio, muy probablemente.